Morosinotto, Davide (1980- )

O famoso catálogo Walker & Dawn : unha extraordinaria aventura ó longo do Mississippi / Davide Morosinotto - 1ª ed - Cangas do Morrazo (Pontevedra) : Sushi books , D.L. 2020 - 320 p. : il. br. e n. ; 22 cm - (Avanzado) .

Esta obra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2019.

"Partiramos catro. Te Trois o valoroso, que quería dominar a vida. Eddie o xamán, que quería descubrir os seus segredos. Tit, que era pequeno, pero grande cando facía falta. E Julie a invulnerable, que quería ser feliz."

Te Trois, Eddie, Tit e Julie non poderían ser máis diferentes nin mellores amigos.

Comparten un catálogo de venda por correspondencia, tres dólares para gastar e o desexo de descubrir o mundo. E cando no canto do revólver que encargan chega un vello reloxo que non funciona, non o pensan dúas veces e parten cara a Chicago para cambialo.

Na súa viaxe nun barco de vapor polo Mississippi e nun tren de mercancías atoparán caloteiros profesionais, policías corruptos, xente boa que resulta non ser tal… por non falar dun crime sen resolver e de moitos, moitos cartos!

1º-2º ESO

9788416884315


Asesinatos--Novelas
Aventuras
Viaxes
MISTERIO
intriga
amizade

821.131.1-311.3

Coa tecnoloxía Koha