Sodomka, Martin

O espazo de fóra : unha aventura noutra dimensión / Martin Sodomka ; tradución de María Reimóndez. - 1ª ed. - A Coruña : Baía , 2020 - 72 p. : il. cor. ; 22 cm

O espazo de fóra busca acompañarte na descuberta dalgúns dos misterios da Física contemporánea e das posibilidades de viaxar a outra dimensión, combinando nun único libro a atractiva e perigosa aventura que viven Lucy, Ure e Kogy cos coñecementos actuais sobre as posibilidades de viaxar a outro mundo e a outro tempo.

Unha moza e dous mozos pasan o tempo despois das clases explorando as posibilidades teóricas de viaxar ao espazo, cando as cousas toman un xiro inesperado. Os seus xogos inocentes pasan a unha dimensión totalmente diferente e acaban vivindo unha frenética aventura con dous viaxeiros do tempo.

Moita xente pensa que os milagres máis abraiantes se atopan no mundo da fantasía. Mais hai un mundo onde acontecen cousas tan fascinantes que fan palidecer calquera arrouto da imaxinación humana. Ese mundo está aquí, agochado nos finos fíos da realidade que nos rodea. Non é produto dunha ilusión, senón das verdades que foi descubrindo e demostrando a Física.

3º-4º ESO 1º-2º BAC

9788499953519


Física
Física
Viaxes no tempo
Viajes en el tiempo

821.134.2-32"20":087.5

Coa tecnoloxía Koha